Cargando Eventos

Danza, música e catas no Sacra Festival

Protagonista: Sacra Festival

Este ano o Sacra Festival, a carón do Miño mudou o seu formato para adaptarse aos aforos e novas medidas de seguridade. Pero celebrarase en varias datas dos meses de xullo e agosto con actuacións musicais, experiencias e formación que xa adiantamos noutra entrada desta #axenda. Se se trataba dun festival case minimalista e sustentable, en 2020 aínda o será máis. Actividades espaciadas no tempo e no espazo pero que manterán a música, a danza o cinema, o viño e enxeral as artes integradas na natureza.

Artistas como Silvia Penide, María Vázquez, Carlota Pérez, varios DJs, actores e bailaríns coma os da Compañía 5S ou integrantes da Escola de Música de Chantada e accións en colaboración co Cinema Palleiriso e Anxo Moure, así como coa iniciativa Quinta Sacra compoñen a programación. Os días 11 de xullo e o 8 e 9 de agosto haberá actuacións, que se prolongarán cos talleres formativos para adultos e para nenas e nenos. Os escenarios divídense entre recunchos como Pincelo, Garabelos ou a adega Via Romana.

O 8 de agosto un espectáculo de intervención teatral con  María Vázquez e Víctor Duplá na adega Vía Romana iniciará unha nova quenda deste festival salpicado no tempomde verán teatral no espazo. A entrada é de balde e o aforo limitado. Para quen o desexe, sairá un autobús (5 euros. Saida as 19:30h dende a Casa da Cultura de Chantada. Volta as 21:30h)

A continuación a Compañía Experimentadanza en colaboración con HumanDanceProject e coa música en directo de Pico Amperio e Laura Lamontagne actuarán no mesmo espazo, tamén co aforo limitado.

Na mesma xornada e xa con entrada previo pago terá lugar unha cata maridaxe en Pincelo. Esta actividade estará dirixida por Roberto Regal. Despois terá lugar o concerto de Las Antonias, e tamén existe a posibilidade de ir en autobús dende Chantada.

Xa o domingo, 9 de agosto, terá lugar na vila de Chantada, no parque Eloísa Ribadulla, ás 19.00h un espectáculo de Anxo Moure + Escola de danza e música de Chantada + Compañía 5S, “Construyendo sueños”

Para máis información, compra de entradas e acceso aos cursos : https://sacrafestival.org/

11 Xuño - 9 Agosto

Chantada

CHANTADA - LUGO, Lugo 27500 Spain
+ Google Map