Cargando Eventos

Sons da Teixeira

Protagonista: Concello da Teixeira

Sons da Teixeira é unha caste de festival- programación estival repartida entre o 20 e o 29 de agosto neste fermoso municipio da Ribeira Sacra ourensá. O 20 de agosto comezará con concertos, DJs e Lume no Polideportivo.

Continuará o 21 de agosto cunha actividade deportiva de kayak para a que haberia que reservar praza no Concello. Xa pola noite,  a partir das 21.00h haberá un espectáculo de circo de acrobacias DESASTRONAUS no exterior da nave do Concello.

Os días 22 e 23 de agosto paseos en SEGWAY pola Abeleda durante case toda a xornada.

O día 28 de agosto Titiriteiras de Marear achegarán os seus contos ás 20,00h. na praciña do Campelo. E despois, ás 21.00h. o humor crítico de Isabel Risco como Nabida Girl estará presente para os adultos na Praza do Cardenal Quiroga,

Xa o 29 a programación cultural pecharase con Caspervek Trío e o seu cine musicalizado na Praza Cardenal Quroga ás 21.30h.