Cargando Eventos

Semana de Cinema

Protagonistas: Cineclub Os Papeiros ; Cineclub Os Papeiros

Este martes, 11 de agosto comeza que xa será a 27 Semana Internacional de Cinema de Chantada. o cineclub ‘Os Papeiros’ e o Concello de Chantada ofrecerán unha programación para este verán distinto no que o cinema ao aire libre se convirte, se cabe, en mellor opción ca nunca.

O martes 11, ás 19.00h. o Cinema Palleiriso de Anxo Moure será o mellor lugar para o acto inaugural que consistirá nun concerto de Sergio Cobos co título ‘Bailame un Cine’. Ás 22.00h na Praza do Cantón terá lugar un vídeo pregón a cargo do director oliver laxe e a proxección da súa obra ‘O que arde’.

O mércores, 12 de agosto, a 21 Semana Curta, programación incluída neste festival, inclúe o pase de Deza, Merza, fonte de Música ás 22.00h. e posteriormente os espectadores poderán gozar do filme francés Axterix e o Segredo da Poción Máxica.

O xoves, día 13, á mesma hora na pantalla do Cantón, proxectarase unha fotomontaxe de Cristina Castro co título ‘Sobre as nosas cabezas’ e o videopoema Presencia da Casa, de Paco Cabezas. Despois a longametraxe A muller da Montaña, un filme islandés.

O venres 14, co mesmo horario, péchase o ciclo coa proxección da curta O Folión a través dos Tempos e o espectáculo- concerto ‘Un concierto de película’, música de cine coa Banda de Música de Chantada.

A entrada é de balde e ata completar o aforo permitido respectando as normas de seguidade sanitaria. O uso de mascarilla e a colocación nas cadeiras antes do inicio. Neste evento colaboran a Federación de Cineclubes de Galicia, AGADIC e a Xunta de Galicia

.

11 Agosto - 14 Agosto

Chantada

Praza de España
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map