Cargando Eventos

Premio de investigación Condado de Pallares

Protagonista: Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares

Xa está aberta unha nova convocatoria do “XIV Certame de Investigación Condado de Pallares. Os concellos de Chantada, Taboada e Guntín participan nesta convocatoria da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. A Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo  tamñén empurran esta convocatoria xunto cos Grupos de Desenvolvemento Rural de Lugo e Miño-Ulla, Paz Rodríguez e Javier Rodríguez respectivamente. Os traballos de investigación que concorran deben versar arredor de calquera rama de coñecemento centrada no territorio do antigo Condado de Pallares, arredor dos actuais municipios de Chantada, Taboada, Guntín, Carballedo e Portomarín.

O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora, que corre a cargo da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta. Os traballos deben ser orixinais e inéditos, estar escritos en lingua galega e cunha extensión mínima de 100 folios. O prazo de presentación rematará o 30 de setembro.

Máis información en: http://www.asociacionmosteirodeferreira.es/certame-investig…

O prazo de presentación remata o 30 de setembro de 2020 e o acto de entrega desta edición será na casa da cultura de chantada.

12 Xuño - 30 Setembro

8:00 a.m. a 5:00 p.m.

Sin localización