Cargando Eventos

Obras á vista en San Vicente de Pinol

Protagonista: Concello de Sober

O Concello de Sober e a Xunta de Galicia organizan unha xornada técnica de portas abertas na igrexa de San Vicente de Pinol o vindeiro martes 17 de marzo. O horario de visita será de 11:00 a 18:00 h. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a veciños e veciñas e visitantes as obras de restauración das pinturas murais do templo. Ao longo da xornada a técnica encargada do proxecto, Montse Jiménez, recibirá a aquelas persoas ou grupos de persoas que amosen o seu
interese, explicando os obxectivos do traballo de restauración sobre este conxunto e o seu avance mediante unha visita ao inmoble.
O pasado mes de outubro iniciáronse os traballo de restauración sobre o conxunto das pinturas murais da igrexa de San Vicente de Pinol, no Concello de Sober. Está previsto que as obras estean rematadas no mes de xuño. Esta xornada de portas abertas que permitirá ver “por vez primeira” a totalidade das pinturas renacentistas ao descuberto, “unha auténtica obra mestra na Ribeira Sacra”.

17 Marzo

11:00 a.m. - 2:00 p.m.

Sober

Igrexa de Pinol
Sober, Lugo Spain
+ Google Map