Cargando Eventos

Noites en Santo Estevo

Noites en Santo Estevo é o título que levan as actuacións que terán lugar no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil o domingo 2 de agosto mailo domingo 9 de agosto.
O primeiro domingo será musical e Emilio Rúa fará un repaso aos seus 11 discos nun concerto íntimo.
O día nove será para o humor da man do cómico ourensán Serxio Pazos. O horario para as dúas noites é ás 21:00h.
Os interesados en asistir deberán retirar as invitacións no Departamento de Cultura do Concello. O aforo está limitado a 120 persoas.

2 Agosto

9:00 p.m.

Nogueira de Ramuín

Ourense
+ Google Map