Cargando Eventos

Gancho Sanches presenta Zaquín, en directo

Protagonista: Gancho Sanches
Zaquín, un barrio da vila de Chantada, é tamén o título que a banda Gancho Sanches escolleu para o seu primeiro longa duración. Dous dos membros deste cuarteto teñen fondas raíces na vila do Asma, e nun local do devandito barrio artellaron os temas que forman este agardado traballo. Un disco que amosa o son maduro dunha banda con moita personalidade.
O domingo 28 de xuño ás 19:30h. presentan oficialmente o disco nun concerto acústico que se poderá seguir en directo a través da canle de YouTube.

Sin localización