Cargando Eventos

Outra música, e moita festa, no Festóso

Protagonista: Asoc. Cultural O Marrao Enxebre
Rock,hardrock, punk, pop e hip hop soarán no escenario do Festóso deste ano. Fábrica de espejos, Mugre, Tiam GZ e Color Carne forman o cartaz desta edición que organiza a asociación O Marrao Enxebre . Un pequeno festival para a fin de semana da Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que mestura o entroido, a gastronomía e a música en directo. Pola tarde a Ruta Osovinícola levará polos bares da vila aos participantes acompañados da música das gaitas e dos pandeiros para ir probando o prato da festa. Despois da ruta a música comezará no Centro Cívico da vila do carballo onde se celebra o Festóso.
 

22 Febreiro

7:00 a.m.

Taboada

Taboada, Lugo 27550
+ Google Map