Cargando Eventos

Festival de Bandas de Chantada

Protagonistas: Concello de Chantada ; Concello de Chantada

Chantada non quedará esta fin de semana sen o que xa é o seu 29º festival de Bandas de Música. A Banda de Chantada será a anfitrioa dunha xornada musical que comezará co pasacalles da agrupación Santádega de Coles, banda convidada neste certame. Xa pola tarde, no propio festival e concerto, esta formación estará acompañada da anfitrioa, a emblemática banda de música de Chantada. O certame dará comezo ás 18.30 h. na Praza do Cantón. O acto terá un aforo limitado, pero a entrada é de balde, e o público deberá, evidentemente, cumplir co protocolo de seguridade sanitaria.

Como cada ano por estas datas, a Banda de Música de Chantada, é unha das protagonistas dun dos eventos máis agardados do verán na vila. Este ano canceláronse os festexos, pero non faltará unha actividade ao aire libre como é esta cita  que nunca defrauda e que integra ademais a programación do verán cultural do Concello de Chantada. Todos estes eventos estanse a celebrar con aforo limitado e respectando as normas de seguridade fronte ao Covid-19. É obrigado manter a distancia de seguridade dos asentos habilitados e desifectar as mans ao entrar ao recinto, que, por outra banda está emprazado ao aire libre.

 

23 Agosto

6:30 p.m. - 8:30 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map