Cargando Eventos

Charla sobre nutrición e cancro

Este 4 de febreiro conmemórase o #DíaMundialdoCancro. A asociación Chantada ciontra o cancro facilitará unha charla coloquio con motivo desta data. Será  o xoves, 6 de febreiro, ás 20.30h. no Auditorio Municipal de Chantada e o relator será Manuel Botana, médico especialista en endocrinoloxía e nutrición responsable e encargado de nutrición na Hospital Universitario Lucus Augusto. O colectivo chantadino, que traballa na loita contra esta enfermidade está aberto a incorporar apoios e socios e xa ten data, ademais para a IV Ruta Solidaria, será o 31 de maio.

Por outra banda, os talleres para abandonar o tabaco e os de xestión emocional podería repetirse dado o éxito acadado nas anteriores quendas, de todas maneiras, dende Chantada contra o Cancro están abertos a suxestións para posibles accións dirixidas a socios/as e á veciñanza da zona.

Nesta data, aproveitan para lembrar que para calquera dúbida, ou atencións sicolóxica calquera persoa pode facer visita ao local da asociación, emprazado no parque Elosísa Ribadulla de Chantada os venres dende as 16:00 ás 18:00 h. Atenderavos a psicóloga clínica Andrea Taboada Psicología Clínica. O teléfono de contacto é o 684 21 92 82.

 

6 Febreiro

8:30 p.m. - 9:30 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map