Cargando Eventos

A axenda de Nadal en Pantón

Protagonista: Concello de Pantón

Vai chegando o Nadal e xa temos a axenda ateigada de eventos. Non fai falta saír da vila. Se es de Pantón ou se estás por esa terra para esas datas tes moitas actividade entre a cal elixir, tanto se buscas actividades para crianzas, espectáculos ou obradoiros. Olla as propostas do Concello para estas datas!

 

Para as crianzas

Nenas e nenos poderán participar en dous campamentos: o Campamento de Nadal nos días 26, 27 e 28 de decembro e o Campamento de Reis nos días 2, 3 e 4 de xaneiro.

Ademais está aberto o Concurso de postais de Nadal para nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 12 anos. Poderán presentar todos os traballos que desexen (fisicamente no Edificio Sociocultural de Pantón, 2º andar) antes do venres 28 de decembro. O resultado vaise dar a coñecer durante a festa de reis que se celebrará o cinco de xaneiro.

No día grande para as crianzas, o 5 de xaneiro, as actividades comezan ás 18h con xogos, obradoiros de maquillaxe, tatuaxes, etc. previos á chegada dos Reis Magos de Oriente ao Salón de Actos do Edificio Sociocultural.

 

Cultura e obradoiros

O día 27 de decembro ás 11.30 h. a compañía Lila Teatro presentará no Salón de Actos do Edificio Sociocultural ra Cachopo Máxico, unha iniciativa do Concello que conta coa colaboración da Deputación de Lugo dentro do programa Proscenio. A Entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. O día 4 de xaneiro, ás 12h celebrarase a actuación do contacontos lago López no Centro de Día de Pantón. A Entrada coma nos outros casos é libre e gratuíta ata encher aforo.

O día 28 de decembro, ás 20 h. haberá un concerto solidario da banda Folk de Ribas de Sil. Celebrarase no salón de actos do Edificio Sociocultural de Pantón. A entrada será libre previa doazón mínima dun kg. de alimentos non perecedoiros.

 

Obradoiros

O día 28 de decembro terá lugar un obradoiro de cociña. Trátase dunha actividade interxeneracional na que participarán as crianzas do Campamento de Nadal e as persoas usuarias do Centro de Día de Pantón. A entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

 

Concursos

Toda a veciñanza, de xeito individual ou colectivamente, poderá participar no Concurso de Beléns. As bases e información adicional poderalas consultar directamente no Edificio Sociocultural de Pantón (Praza do Concello s/n, 2° andar) ou por teléfono (982456377) antes do día 30 de decembro.

 


Créditos da Imaxe: @freestocks vía https://www.pexels.com/

27 Decembro, 2018 - 6 Xaneiro

8:00 a.m. a 5:00 p.m.

Pantón

Praza do Concello s/n
Ferreira, Lugo 27430 Spain
+ Google Map