Cargando Eventos

Buxiganga achega ao centro teatral Faro-Miño

Protagonista: Centro Teatral Faro Miño

O centro teatral Faro- Miño de Chantada actuará este xoves, 6 de decembro, en Taboada. O grupo achega a peza cómica Langreira de Amor dentro do ciclo Buxiganga de teatro afeccionado. Será ás 20.00h. no salón de actos do antigo cuartel e a entrada é de balde.

Nesta montaxe relátase dun xeito singular a aventura de vivir en parella e o divertido funcionamento dunha axencia  matrimonial na que van ocorrer as situacións máis variopintas.

6 Decembro, 2018

8:00 p.m. - 9:00 p.m.

Taboada

Avenida de Lugo, 61
Taboada, Lugo 27550 Spain
+ Google Map